Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Oia
Parroquia: Pedornes (San Mamede)
Lugar: Pedornes
Outra denominación do ben: Laxe dos Chetos
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Localízase nun afloramento rochoso ben visible. O espazo central da superficie aparece ocupado por varias combinacións de círculos concéntricos en desigual estado de conservación e os inevitables trazos longos e restos de figuras desaparecidas, entre as que cabe a sospeita de identificar posibles representacións de cuadrúpedes.
O máis relevante do conxunto é a escena de equitación do sector suroeste, na que aparece un cuadrúpede montado por unha figura humana. Dita figura represéntase cun torso do que saen senllos brazos en cruz, dos cales un remata na cabeza do animal e o outro nun trazo longo do que se imaxina pode ser un arma. Os pares de patas curvados cara ao interior semellan ao galope.
En tempos recentes, o petróglifo foi fosilizado por numerosas figuras, con preferencia de deseño cuadrangular.
Nas rochas inmediatas, atópanse varios petróglifos de tema xeométrico nos que destacan as figuras de sucos fondos e moi longos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA36036003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

APARICIO CASADO, B., e PEÑA SANTOS, A. de la: “Guía de petróglifos de Galicia”. Ed. Cumio 2011.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0248933075
Lonxitude: -8.87437820435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84