Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baixo Miño (comarca) / Tomiño
Parroquia: Tebra (Santa María)
Lugar: As Chans de Tebra
Outra denominación do ben: As Chans de Tebra 1 e 2
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Este conxunto de gravados rupestres ocupa unha superficie total de aproximadamente 250 m2, o que o converte nun dos petróglifos máis grandes do grupo galaico.
No primeiro grupo atópase unha laxe de máis de 100 m2 de gravados bastante fracturada orientada ao nacente e con amplo dominio visual sobre as terras baixas das marxes do río Miño, aparecendo profusamente representadas unha gran concentración de combinacións circulares, a base de numerosas coviñas, e un bo número de círculos concéntricos con coviña central e liña de saída/entrada nos que predomina a utilización das irregularidades da laxe, para realzar o deseño.
Son numerosos os cuadrangulares asociados entre si mediante liñas que aparentan unha rudimentaria representación cartográfica, completando o repertorio de motivos algunhas figuras antropomorfas esquemáticas, unha escena de monta, de figuras de cérvidos, muíños naviculares e unha figura humana que aparece portando algún tipo de arma. Pero o mais destacado e o deseño de dezaoito círculos concéntricos de diámetro que oscila entre os 2,20 e 2,40 metros de diámetro.
A uns sesenta metros ao sur, tendo como soporte unha rocha que sobrancea do chan aproximadamente un metro, atópanse unha serie de círculos e coviñas que aproveitan as irregularidades da superficie.
Finalmente, non lonxe do grupo I, a cento oitenta metros oeste, atopamos outro petróglifo, no pé da caseta forestal que está a dereita da pista, que presenta unha figura de círculos concéntricos que alcanza os 3,50 metros de diámetro, pero en mal estado de conservación.
É moi probable que esteamos ante as máis espectaculares representacións de círculos concéntricos do continente europeo.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36054005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
APARICIO CASADO, B., e PEÑA SANTOS, A. de la: «Guía de petróglifos de Galicia». Ed. Cumio 2011
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA004.pdf
http://www.monteteton.com
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.055165964Lonxitude: -8.72652411461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
5 comentarios
Hugo says:
Xan 6, 2013
Nos meses de verán, o Concello de Tomiño en colaboración co Instituto de Estudos Miñorados organizada unhas visitas guiadas (X.L.Vilar) gratuitas.
Oscar Franco says:
Dec 7, 2013
Máis información na seguinte ligazón:
http://oestrymnio.blogspot.com.es/2013/12/petroglifos-de-monte-teton-tomino.html
Carmen Lago says:
Nov 15, 2014
Tendes o petroglifo mal situado no mapa.
As coordenadas correctas son:
42.055163, -8.726556
elixiovieites says:
Nov 16, 2014
Grazas Carmen, creo que agora quedou no sitio.
CarmenLago says:
Nov 29, 2014
De nada Elixio 🙂 .
Ahora esta ben.