Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carballiño (comarca) / O Carballiño
Parroquia: Lobás (Santa Ouxea)
Lugar: Mosteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto castrexo fortificado que ocupa a cima dun outeiro dominante a 525 m. de altitude, rodeado ó norte pola Serra da Madalena, ó este pola Serra da Martiñá, ó oeste polos Montes do Pedroso e abríndose ó sur cara o Val do Arenteiro.
Ata o século XX a única posible referencia a este xacemento aparece na obra de Madoz (1848, T. XI, páx 622) onde di que “…existen los vestigios de un torreón o castillo, que se conoce que estuvo amurallado, y se cree obra de romanos, o por lo menos del tiempo de los moros”.
Non foi ata o ano 1976 en que apareceu no diario “La Región” un artigo asinado por Julio Lama titulado “Restos de antiguas edificaciones aparecen en Coto do Mosteiro. Parecen de origen celta y se está produciendo un gran espolio”.
Trátase dun recinto con unha estrutura aterrazada con diferentes plataformas e recintos ó sur e, principalmente, ó leste. O recinto superior é chan e está un pouco inclinado cara ó sur e ten unha forma lixeiramente ovalada.
Debido á escasa defensa natural do terreo levantáronse impoñentes sistemas defensivos: muralla, foxo e terrapléns. A muralla no oeste conserva más de 4 m. de altura, e no lado sur apoiase sober dous metros de terra. Polo norte péchase con un terraplén artificial.
Foi obxecto de escavación e estudo parcial na década dos oitenta. No terreo intramurallas apareceron poucas estruturas, unha de planta cuadrangular e outra circular, traballándose coa hipótese de más estruturas levantadas con materiais perecedoiros (restos de enlucido atopados).
Atopouse abondoso material cerámico, numerosos anacos de moldes de fundición, escorias de bronce e ferro, muiños planos e naviformes, gran cantidade de fusaiolas e pesas, un gancho de herba de madeira carbonizada, unha folla de coitelo de ferro e anaco da folla dunha fouce.
Os autores consideran que debeu estar habitado durante un longo periodo de tempo.
Algúns achados indican a romanización do castro: anacos de tégula, un sextercio, un anaco de terra sigilata Sudgálica,…


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32018006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Orero Grandal recolle referencias orais de lendas: “xentes que atoparon alí cousas antigas”; “no lugar ten que haber algo dos mouros” e outras lendas co relacionan co próximo Castro de San Facundo, coas trabes de ouro, madeira e alquitrán,…


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ORERO GRANDAL, L., (1988) “Castro Coto do Mosteiro. Campañas 1984/85”. Arqueoloxía / Memorias 10, Xunta de Galicia, ISBN 8450570166
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OCARBALLINO/documents/0429CA009.PDF
Páxina 13


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Escavado na década dos oitenta non foi posto en valor polo que o xacemento está a sufrir un contínuo proceso de deterioro producido polas labores proprias da explotación forestal de piñeiros.


Onde está localizado

Latitude: 42.4723184912
Lonxitude: -8.05709838867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84