Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Parga (Santo Estevo)
Lugar: A Pobra de Parga - Rúa cara ao camposanto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos. O pedestal é cúbico e o varal octogonal, situándose na metade do mesmo a imaxe de Santo Estevo. O seu capitel é cadrangular con astrágalo octogonal e liso, volutas e follas de bordes lobulados. A cruz, tamén cadrangular, polo anverso ten a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. A figura inclina lixeiramente a cabeza á dereita con coroa de espiñas, e o pano de pureza está suxeito cunha corda.

Esta obra foi feita coa colaboración dos/as comuneiros/as da parroquia e foi bendicida e inaugurada o dia 18 de agosto de 2001. O cruceiro é todo de granito cun excelente estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1589519493508
Lonxitude: -7.838087975978851
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84