Outra fotografía:

Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Outes
Parroquia: Cando (San Tirso)
Lugar: Toxeira, A.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O alpendre aquí exposto está na aldea da Toxeira, e conta coa característica de ter na parede que dá ao Oeste un curioso reloxo de sol. Responde ao tipo de reloxo canónico, consistente nunha pedra cadrada, plana, vertical, orto meridiana e cunhas liñas gravadas para indicar as horas. A variña está desaparecida pola oxidación. A súa forma, pola presenza da cabeza humana, debería corresponder co modelo antropomórfico, pero sáese desa variedade pola súa inusual posición inferior. A situación da cabeza no tipo antropomórfico adoita estar arriba. No reverso está tallada unha cabeza máis pequena pero parecida á do pé. Segundo Xoán Mariño ..”trátase da pervivencia (tanto a grande coma a pequena) en épocas modernas das chamadas “cabezas cortadas” da cultura castrexa, palpable tamén noutros lugares do Concello como a igrexa parroquial de S. Ourente ou a do Rial”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085-4


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A cabeza está unida con cemento, pois en algún momento quebrou, ten unha esquina rota e non ten rella de marcar as horas.


Onde está localizado

Latitude: 42.83148230346147
Lonxitude: -8.877368867397308
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84