Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Santa Mariña de Pías
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular cun chanzo e pedestal cadrangular. O varal é octogonal comenzando e rematando en cadrado. O capitel con forma troncopiramidal invertida moldurado e catro anxos con ás, un en cada esquina. A súa cruz é circular, leñosa con nós, que presenta polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos coa cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Fáltalle o brazo dereito por rotura. Ós pés de Cristo cíngueo un grupo figurativo de natureza humana e animal, guerreiros portando lanzas, gando ecuestre e unha muller chorando aos pés de Cristo. O Cruceiro é todo de granito, feito no ano 1907 sendo obra do Mestre Cerviño. Presenta un mal estado de conservación.
O historiador e etnógrafo Clodio González Pérez fai referencia a este cruceiro como saído do obradoiro de Pepe da Pena (A Pena-Aguasantas, Cotobade, 1843-1922), nome artístico tomado do seu lugar de nacemento por Xosé Cerviño.
Leva unha cartela de mármore que di: “A LA DEBO / CION DE DON / FRANCISCO / CARRERA / EN 1907”.
Este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ.: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA008.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2138264828
Lonxitude: -8.49017858505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84