Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: San Salvador (Baños de Molgas)
Lugar: Baños de Molgas
Outra denominación do ben: Augas Quentes
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Burga de Baños de Molgas é unha fonte termal. As súas augas brotan a unha temperatura de entre 28º e 45º. Estas augas foron empregadas polos romanos, que as denominaban “Ad aquas salientes” -augas saltarinas-. O seu uso está especialmente indicado para tratamentos de reuma, a artrite e gota.

A actual fonte, construída en cantaría en 1896, posúe un muro triangular a modo de frontón no que se sitúa, a moi baixa altura, o cano, cuxa auga cae nunha pía cuadrangular. Despois da fonte hai dous píos de pedra, protexidas cunha cuberta con estrutura metálica e tellado de vidro, probablemente para poder tomar as augas con calquera condición climatolóxica, e tamen por ser un lavadoiro o segundo dos pios.

A fonte, aberta ao público, atópase entre o Balneario de Molgas e a Ponte Romana, a beira do río Arnoia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.242742157150616
Lonxitude: -7.67194390296936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84