Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Santa Mariña de Pías
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo de Cruz con plataforma cuadrangular cun chanzo e pedestal cadrangular e achafranado. O varal é circular con moldurados e comenzando e rematando en octogonal. O capitel circular e moldurado. A súa cruz é circular, leñosa con nós. O cruceiro é todo de granito cun bó estado de conservación.
Este cruceiro, do ano 1900, posúe a seguinte inscrición nunha das caras do pedestal:”AÑO DE 1900 / CRUCIFIJO Y ESTRADA / A LA DEBOCION DE DON / FRANCISCO CARRERA PINO”. Segundo a xente do lugar, o cruceiro formaba parte do Viacrucis que subía cara ó cumio.
Este cruceiro é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ.: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2138900526
Lonxitude: -8.49014639854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84