
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteareas
Parroquia: Santa Mariña de Pías
Lugar: O Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos e pedestal cadrangular achafranado. O varal empeza cadrangular recadrado ata un tercio do varal para logo seguir octogonal ata o segundo tercio do varal para logo rematar en circular no tercio restante. O capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Leva ademais volutas, follas e querubíns. A súa cruz é circular e leñosa. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e a cabeza inclinada cara á dereita sen coroa de espiñas.A man esquerda fáltalle por rotura desta, nótase como a parte esquerda da cruz e o brazo foron reparados. Ten un pergamiño coas siglas INRI. Polo reverso da cruz non ten nengunha imaxe. O cruceiro é todo de granito presentando un mal estado de conservación.
Este cruceiro é do ano 1906 no que podemos ler a seguinte inscrición: “A LA DEBOCION DE D. MANUEL —– CARRERA AÑO DE 1906?.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ.: “Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas”. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA008.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2138304559Lonxitude: -8.49036097527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 7, 2016
Cruceiro do ano 1906 no que podemos ler a seguinte inscrición:
“A LA DEBOCION DE D. MANUEL
—– CARRERA
AÑO DE 1906?
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008