Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Escudo / Epígrafe,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Calo (San Xoán)
Lugar: Calo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

No alto, dominando o Val de Vimianzo atópase a igrexa parroquial de Calo. Presenta unha orientación contraria á tradicional: ten a fachada mirando cara ó leste e a cabeceira cara ó oeste. Seguramente, pola orografía do lugar e para que a fachada mirase cara o val e se puidese apreciar dende o mesmo.
A igrexa garda as bases estruturais románicas. Quedan como vestixios o interior da capela maior co seu arco triunfal dobrado e a súa bóveda de canón. A orixe é de planta rectangular, á que logo se lle engadiron unha capela no lado sur e unha sancristía rectangular.
O edificio está construído por bloques graníticos e cuberto a dúas augas por tella. A capela sur e a sancristía cúbrense cunha pequena cúpula.
A fachada, do século XVIII é dun sinxelo estilo barroco. Decórana placas e volutas e remata nunha esvelta torre-campanario de dous corpos rematada con cúpula de tambor octogonal.
Na parte exterior da ábsida conserva un escudo de armas presentado pola serea dos Mariño. Nos cuarteis distínguese os símbolos da familia Losada (tres lagartos baixo unha lousa de pedra), os Calo (oito aspas), os Castro (seis círculos) e dos Moscoso de Altamira (a cabeza de lobo).
Nun lateral da capela sur consérvase o único sartego cunha estatua xacente da comarca: a do fundador desta capela o crego calés Rodrigo Thomás, párroco de Tines.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo

LEMA SUÁREZ, X. Mª: «A arte relixiosa na Terra de Soneira». Coordenadas/Neria/U.dos V., Santiago 1998.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.135930628838125
Lonxitude: -9.047965407371521
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84