Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: San Estevo (Ambía)
Lugar: Santa Eufemia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:

Capela de estilo prerrománico do século IX, planta dunha soa nave con ábside rectangular, consérvanse tres ventás dobres con arcos de ferradura de influencia mozárabe. Estas ventás corresponden coas tres capelas interiores en que estaba dividida a primitiva nave, das que se conserva o arranque dos arcos que as formaban.
Un ara romana sirve de soporte para o altar coa lenda AVRELIS / FLAV(U)S / TAM(ACANUS) TACAMUS / NYMPHIS / EX VOTO, e outra anepígrafe no parteluz da fiestra central da absida da capela. Tamén se conserva unha talla románica dun Cristo (madeira de escambrón) tocado cunha coroa e con catro cravos sobre una cruz moderna.
Declarado Monumento Histórico-Artístico (Decreto 3 de xuño de 1931).
No actual lugar de Sta. Eufemia está recollida a existencia dun xacemento de adscrición romana.
A cantería da capela, adaptada ao edificio pero reaproveitada doutro anterior.
Como a inscrición conservada como material reutilizado nunha casa próxima, coa lenda SCE EVFEMIE, e outras atopadas, unha con lenda adicada a San Salvador, e outra máis a Sta María, confirman a ocupación do lugar en época medieval.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA32007007 (Como xacemento romano-medieval)
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.celtiberia.net/verimg.asp?id=299
http://www.panoramio.com/photo/49619395
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Igrexa_de_Santa_Eufemia_de_Amb%C3%ADa,_Amb%C3%ADa,_Ba%C3%B1os_de_Molgas.jpg


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.223866
Lonxitude: -7.705627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84