Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (Santo Tomé)
Lugar: Vilar (rego de Riamonte)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño situado na Ruta da Auga de Riamonte que xunto con outros oito forma una interesante conxunto de arquitectura tradicional. Só dous están totalmente rehabilitados e os outros están en distinto grao de ruína. O muíño que aquí describimos ten características e tipoloxía moi semellantes a todos os feitos para aproveitar a auga do rego de Riamonte. Feitos de cachotería e todos movidos polo forza da auga dunha canle que produce a suficiente forza para mover o rodicio debido a gran pendente da montaña. Está feito, en parte, aproveitando as grandes pedra da beira do río, e ten unha gran laxe que ocupa case toda a parte da cara do muro por onde entra a canle. Outra particularidade que o distingue dos demais é a existencia dunha cruz tallada nunha rocha a escasos metros da porta, da cal non sabemos a súa función nin o ano en que foi feita.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.91138188765901
Lonxitude: -8.639373779296875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84