
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Covelo
Parroquia: Paraños (Santa María)
Lugar: Paraños
Outra denominación do ben: Cruceiro de Animas de Margarida
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Moi preto da igrexa de Paraños atópase este cruceiro orixinario do ano 1794 segundo consta no seu baseamento.
Ten coma curiosidade o feito de contar cun peto de animas na súa base, no que aparece simbolizada a figura de Santo Antón salvando dúas animas do purgatorio co cordón que colga do seu hábito de monxe.
Segundo se conta foi este cruceiro o que serviu de inspiración a Xosé Cerviño para construír o cercano cruceiro de Covelo 105 anos máis tarde.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.20246234925453Lonxitude: -8.38733196258545
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Set 19, 2013
Información da páxina web do Concello de O Covelo:
http://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/microweb/petodeanimas.htm
Oscar Franco says:
Feb 9, 2015
Este cruceiro posúe varias inscricións.
Na parte baixa da mesa onde se atopa o retablo se pode ler: “ACUERDENSE DE LAS BENDITAS ANIMAS”
Na base do cruceiro e no medallón lateral da dereita aparece o seguinte:
“A DEVO (-) CION DE FRAN(-)CO
DAVILA I DE SU M(-)UGER M(-)A RODA DA (-)
RRIVAS, VEZINOS DESTA FRA(-)”
E pola parte dianteira di:
“AÑO DE 1749”
“SIEND AB(-)D DEL LA
D. BERNARDO ANT(-)o BOVLLOSA I PIÑEIRO”
Engado a seguinte referencia bibliográfica:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998