Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Maceda
Parroquia: Asadur (Sta Mariña)
Lugar: Asadur
Outra denominación do ben: Escudo de Asadur
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Na igrexa parroquial de Sta Mariña de Asadur, atopamos este baixorrelevo prerománico, situado no lado norte, no exterior da sancristia.
Suponse que foi reutilizado na igrexa, e que pertencía ao antigo cenobio de monxas touquinesas, que eiqui existiu ata mediados do século XIV.
Neste mosteiro sitúase a dona Ximena, filla do rei Ordoño II e dona Elvira Menéndez no ano 935, segun un documento conservado no Tombo do mosteiro de Celanova .
O baixorrelevo ten unha representacion do Calvario.
Na esquina superior dereita aparece unha breve inscrición moi esvaída en dobre liña: “IhS IN CRU/CE” (Xesús na Cruz).
Foi interpretada por Colmenero (1991): “Paixón e resurrección coa cruz” ou “Xesús, salvador dos homes na cruz”. Logo engade: “A primeira estaría máis de acordo coa escena, que, ademais de Xesús triunfante, representaría a catro soldados coas lanzas respectivas en actitude de desconcerto perante o resucitado. A segunda parece axustarse máis á escrita”.
Emilio Duro Peña (1973) califícao de “prerrománico”
Eligio Rivas (1991) califícao de “visigótico”.
O mosteiro feminino de Asadur xa existía no século X.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA016.pdf
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
-Elixio Rivas – A Limia: Val de Antela e Val do Medo. Ourense. Deputación Provincial de Ourense. 1985
-Elixio Rivas e J.Delgado – Un bajo relieve visigotico en Asadur con la escena del calvario. 1991
-Rodriguez Colmenero – Galicia Meridional Romana. Bilbao 1977


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.293549
Lonxitude: -7.611136
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84