Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: A Coruña / A Coruña (comarca)
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O pazo do Concello da Coruña preside a praza de María Pita. Trátase dun edificio modernista construído entre o 1908 e o 1912 baixo o proxecto do arquitecto Pedro Mariño. Quedou inaugurado trala visita do rei Afonso XIII no ano 1927.
O edificio ten unha superficie en planta de 2.300 metros cadrados, tres plantas e ático.
A fachada está composta por tres torres e dous corpos que as conectan entre si. Cunha fronte de 64 metros, 43 ventás dán luminosidade ó interior.
Na parte inferior sucédense 15 arcadas que serven a uns amplos soportais. Na súa parte superior, un lema: “muy noble y muy leal ciudad de La Coruña, cabeza, guarda y llave, fuerza y antemural del Reino de Galicia”.
Na primeira planta as ventás presentan decoración superior con pórticos. Na segunda, as ventás rematan cunha balaustrada e as torres teñen columnas ornamentadas. Sobre as do corpo central, vense catro estatuas de pedra que representan as catro provincias galegas: Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Enriba, o escudo da cidade gardado por dúas matroas. Sobre o seu significado hai división de opinións: uns din que simbolizan a Paz e a Industria e outros o Traballo e a Sabiduría.
As tres torres son moi semellantes, rematadas en cúpulas nervadas e rematadas en cimborrio. A Torre Central, a máis alta, acolle o reloxo e as campás, feitas dunha aliaxe de bronce e estaño e que pesan máis de 1.600 quilos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/26446ca001.pdf (páxina 13)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.371462723851174Lonxitude: -8.395866751670837
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84