Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Maceda
Parroquia: Asadur (Santa Mariña)
Lugar: Asadur
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Sta Mariña de Asadur é unha moi antiga parroquia de Maceda no Val do Medo,que debéu de ter importancia xa no tempo dos romanos.
Tal afirmación despréndese polo feito de haber aquí, na Idade Media, unha delegación de xustiza.
A actual igrexa, foi feita reutilizando material do antigo mosteiro.
Na igrexa, que foi románica, vese ben a condición de mosteiro anterior familiar. Érguese o retábulo sobre a gran lápida romana a Quinto Licinio, Vectigalium, e nela a pedra de ara coa inscrición AEREDITARE. Nun muro, cara fora, un baixorrelevo do séc.VII coa crucifixión. No primeiro terzo do XIII faise presente aquí Don Paio Ares ou Arias, señor de Ambía.
En Asadur existìu deica mediado do séc.XIV un mosteiro de touquinegras ou monxas bieitas hereditario, da familia de San Rosendo. Un documento conservado no Tombo do mosteiro de Celanova situa nel no ano 936 a dona Ximena, filla do rei Ordoño II.
No ano 1586 don Antonio de Nóvoa e Lemos, conde de Maceda, compróu o couto de Asadur de mans de Felipe II, vinculándoo ò morgado de Maceda.
No ano 1560 o papa Paulo V outorga a freiguesía de Sª Mariña de Asadur ò Lic.Pedro Vázquez de Castro, Comisario do Santo Oficio, que funda os coutos de Outeiro do Cabo en Asadur, Cas García e Chaira de Vascós en Santiago da Costa. En Outeiro ergue casa-torre, ben labrada, no ano 1639. Mandóu erguer unha capela na igrexa; nela está o seu sartego con rexa estatua xacente.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-Elixio Rivas- A Limia: Val de Antela e val de Medo. Ourense. Deputacion provincial de Ourense. 1985.
-Rodriguez Colmenero – Galicia Meridional Romana. Bilbao. 1997.
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA016.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.293453085387185
Lonxitude: -7.611159682273865
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84