
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Maceda
Parroquia: Asadur (Santa Mariña)
Lugar: Outeiro do Cabo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No ano 1560 o papa Paulo V outorga a freiguesía de Sª Mariña de Asadur ò Lic. Pedro Vázquez de Castro, Comisario do Santo Oficio, que funda os coutos de Outeiro do Cabo en Asadur, Cas García e Chaira de Vascós en Santiago da Costa. En Outeiro ergue casa-torre, ben labrada, no ano 1639. Mandóu erguer tamén capela na eirexa de Sta Mariña de Asadur; nela está o seu sartego con rexa estatua xacente, de roupa talar, con longos bigotes.
Debaixo da estatua-tampa, pode lerse: AQUÍ ESTA EL CVERPO DEL COMISSº
VAZQUEZ FVNDADOR DESTA CAPILLA: ANO DE 1656.
O escudo da Casa de Outeiro, sobre cartela partida ò xeito de bordura, presenta en catro cuarteis: 1º castelo de Vázquez, 2º espada de familiar do Sº Oficio, 3º palmeta do Sº Oficio, 4º as barras de Toubes. Debaixo a lenda: ESTA CAPILLA HIZO EL LICDO.Pº VAQ. DE CASTRO…ABAD DE ASADVR Y COMISSº DEL Sº OFº EN SV JVRISDICION EN 1639.
À entrada da capela, por dentro e por fora, o seu escudo, su do cal, por dentro, lemos: ESTA CAPILLA FVNDO Y DOTO EL LDO. Pº VAZQUEZ DE CASTRO
COMISARIO DEL STO.OFICIO Y ABAD DE ASADUR AÑO DE 1656.
No arco de entrada à capela da eirexa, outro escudo de forma oval sobre fondo
moldurado, partido en catro coa cruz de Alcántara. No 1º castelo de Vázquez, no 2º espada do Sº Oficio, no 3º palmeta, no 4º as catro barras de Toubes.
O caron de esta casa señorial, podemos ver unha capela (foto 2), que nunca se usou como tal, o parecer foi utilizada como lugar de tortura.
Tamen podemos ver o que chaman a carcere, que poidera ser onde os detidos estarian a espera de que o inquisidor os “xusgara” ou “axusticiara”.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
www.planeamentourbanistico/xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA007.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.29752819520943Lonxitude: -7.612205743789673
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84