Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Atópase nunha encrucillada fronte ao pombal da casa reitoral que agora está en ruínas e na entrada do adro da igrexa de San Fins de Brión. Ten un pousadoiro diante e dúas grandes pedras troncocónicas que según Claudio Rodríguez poderían proceder das veciñas torres de Altamira. Está sobre plataforma triangular de tres chanzos, e ten unha basa da que sae o fuste. O capitel ten volutas angulares e no medio de cada unha uns querubíns coas ás recollidas. A cruz de sección circular con nós imitando a madeira e con Cristo con amplo pano de pureza, e acompañado por detrás coa Virxe Dolorosa coas mans cruzadas sobre o peito. O cruceiro data do segunda metade século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.87182834362904
Lonxitude: -8.68492841720581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84