
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Fecha (San Xoán)
Lugar: Vilar do Rei
Outra denominación do ben: Castro de Fecha
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Castromaior está no alto dun monte do lugar de Vilar do Rei a unha altura de 515 m. Está totalmente cuberto de toxo de gran tamaño e a día de hoxe, Marzo 2012, intuír calquera tipo de edificación, muro ou estruturas é moi difícil. A información que nos amosa a ficha do pxom do catálogo de Bens culturais de Santiago, a cal aporta moita bibliografía do castro, dinos que está conformado por tres liñas defensivas concéntricas que configuran un recinto de forma oval. Están formadas por terrapléns de terra e muros de cachotería. A maior parte do recinto está ocupado por estruturas defensivas e confórmase unha croa de pequeno tamaño, uns 25 metros. As medidas do conxunto segundo a información amosada son de 83 metros( nor-noroeste/sur-sueste) e 155 metros (oeste-sudoeste / leste-nordés).Ten un acceso no sector noroeste da segunda liña defensiva flanqueado por ensanchamento dos muros.
Ten comunicación visual co castelo de Portomeiro, na outra banda do río Tambre e nunha situación topográfica semellante. O castelo de Portomeiro está situado a 410 m. de altitude e a 2,5 qm en liña recta dirección noroeste dende Castromaior.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15078036
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Acuña Castroviejo, Fernando (1968) Yacimientos Arqueológicos Preromanos de Santiago de Compostela (Pax.115). Tese de licenciatura inédita.facultade de Filosofía y letras de Santiago
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca006.pdf ( páxina 200 de 401)
Curva de Pendentes Lidar(arriba, á esquerda as terrazas de Castromaior)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0703.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9580871416Lonxitude: -8.59051465988
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
galleik says:
Mar 30, 2012
Unha interesante historia que escoitei preguntando sobre a localización do castro foi a de que, segundo lle contaran os seus avós ao meu informante, hai moito tempo, as xentes protexíanse aló no alto do Castro Maór guindándolle pedras aos seus atacantes. Sen dúbida restos dunha tradición que narraba ou lembraba unha función protectora do castro.
elixiovieites says:
Abr 10, 2013
Curvas de Pendentes Lidar 2009 de Castromaior. Zona superior da imaxe
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0703.pdf