Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Samos
Parroquia: San Xulián de Samos
Lugar: Samos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

O Mosteiro de Samos é, sen dúbida, un dos máis antigos e importantes dos moi numerosos cenobios das terras da Galiza.
Este mosteiro de Lugo atópase no pobo de Samos, cabeza do concello do mesmo nome. Esta terra lucense é un lugar ideal para un mosteiro de orixe medieval pois aséntase nun val estreito, encaixonado entre montañas, e nun lugar de paso do Camiño de Santiago.
O mosteiro de San Xulián e Santa Basilisa de Samos (aínda que se coñece máis como simplemente Mosteiro de San Xulián de Samos) ten orixe altomedieval, concretamente da época do Reino Suevo no século VI, atribuíndose a súa fundación a San Martiño Dumiense e renovado por San Fructuoso. Ademais hai unha inscripción empotrada aparecida no século XIII na que o bispo de Lugo describe cómo baixo o seu mandato restáurase no século VII o antigo mosteiro.
Os avatares, guerras e conflictos medievais afectaron en numerosas ocasións ó mosteiro. Así debeu ocurrir no século VIII pois foi abandonado polos monxes durante a efímera dominación musulmá. Tras a súa retirada ao sur, o cenobio foi novamente ocupado e reverdecida a vida monacal.
O mosteiro foi ocupado por mozárabes que viñan fuxindo de Al-Andalus en tempos do rei Fruela I, quen lles asignou un couto nestas terras. Precisamente o fillo deste, o que sería o rei Afonso II o Casto pasou a súa infancia aquí, xunto a súa irmá Ximena, tras a morte por asesinato do seu pai, cando a súa vida perigaba polas continuas conspiracións aristocráticas do recén nado Reino.
Durante o século X, Samos sofre a momentánea expulsión dos monxes por parte do bispo lucense don Ero pero reverdece pouco despois e convértese nun mosteiro benedictino e recupera o seu auxe no século XII baixo a reforma cluniacense.
Non foron os únicos percances do Mosteiro de San Xulián de Samos xa que en tempos modernos sofreu varios incendios e a exclaustración de Mendizábal de 1835, aínda que foi reocupado de novo por monxes a finais do século XIX, convertíndose en Sé da Orde de monxes benedictinos.
O conxunto monástico de San Xulián de Samos procede de distintas épocas, aínda que a maior parte abrangue dende o Renacemento ata o Neoclasicismo. Todas as dependencias e o seu conxunto son de enormes proporcións e apréciase que os seus promotores e os seus arquitectos buscaron a grandiosidade ao tempo que a mesurada decoración desembocase en contida sobriedade.
A igrexa é do século XVIII, construída entre 1734 e 1748, ainda que barroca por época máis ben semella neoclásica polas formas austeras e clasicistas que amosa. Ten planta de cruz latina e tres naves. As bóvedas son de medio canón con casetóns e os apoios, arcos semicirculares sobre fortes pilares con pilastras dóricas nas súas caras. No cruceiro elevouse unha enorme cúpula semiesférica sobre pendentes con releves dos doutores marianos benedictinos San Ruperto, San Bernardo, San Anselmo e San Ildefonso.
A fachada barroca tamén é unha obra do século XVIII e a pesares da súa boa articulación apréciase algo rechoncha ó estar inacabada, pois non se chegaron a construir as torres laterais.
A escaleira de acceso lembra á do Obradoiro da Catedral de Santiago. Por ela chegamos á porta propiamente dita que é alintelada. Esta porta rodéase dunha fachada monumental dividida en dous corpos horizontalmente, sendo o inferior de dobre altura co superior, aínda que reproducen aproximadamente a mesma estructura vertical e ornamentación a base de columnas dóricas e anchísimas pilastras murais. Se a parte inferior leva como vans a porta de ingreso e dous ventanais, o superior aparece furado por un óculo circular e dúas troneiras para as campás.
Mais se a igrexa provoca o interés pola súa monumentalidade, máis aínda o ten a parella de claustros, o do Padre Feijoo e o das Nereidas. O Claustro grande ou de Feijoo é o máis grande de España e segundo de europa con pandas de casi sesenta metros de lonxitude. Foi construido no século XVII, entre 1685 e 1689 en estilo herreriano. O alzado das pandas fórmase mediante tres andares ou niveis. O piso inferior amosa galerías abertas ao patio mediante arcos de medio punto (nove por lado) que descansan en pilastras dóricas adosadas a machóns que se decoran tamén con grandes pilastras que se volcan ao interior. O segundo nivel só leva xanelas rectangulares, mentres que o último é de atractivas formas ao ter balaustradas e grupos de vans xeminados de arco carpanel con columna mainel central de capitel xónico. No centro deste claustro érguese a enorme estatua do Padre Feijóo, obra de Francisco Asorey.
O segundo claustro é máis antigo. Chámase Claustro Pequeno ou das Nereidas. A súa construcción data do século XVI (1539-1582) pero como é normal na arquitectura galega, o seu arcaísmo convérteo nun monumento tardogótico. O seu arquitecto foi Pedro Rodríguez, natural de Monforte. Ten sinxelas arquerías apuntadas. As bóvedas son de crucería estrelada. Posteriormente construíronse dous pisos por encima.
Este claustro chámase das Nereidas pola fonte central -orixinaria do século XVIII- na que a copa é sostida por catro esculturas que representan a estes seres mitolóxicos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.arteguias.com/monasterio/monasteriosamos.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.732214010404625
Lonxitude: -7.326496839523315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84