Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Samos
Parroquia: San Xulián de Samos
Lugar: Samos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico achafranado. No segundo chanzo hai unha inscripción que di “CAMIÑO DE SANTIAGO”. O varal é octogonal empezando e rematando en cadrado. O capitel cadrangular con ábaco de lados rectos e follas de acanto e sobre este unha cruz cadrangular que presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. A cabeza para adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza está anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Virxe que parece que leva un neno en brazos aínda que non se pode apreciar con claridade para certificalo. O cruceiro é todo de granito cun estado malo de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.731758899108094Lonxitude: -7.326923310756683
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84