Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Samos
Parroquia: San Xulián de Samos
Lugar: Samos
Outra denominación do ben: Capela de San Salvador
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
A cen metros do Mosteiro atópase a capela do Ciprés ou tamén chamada de San Salvador, un monumento prerrománico de finais do século IX e declarada Monumento Nacional en 1944.
Conta a tradición que o ciprés e a capela levan máis de once séculos xuntos. Fé, arte e natureza fixeron unha longa viaxe no tempo xuntos.
Todo o seu conxunto levántase con muros de cachotería de lousa presentando unha soa nave e ábsida rectangular. Conta con seis seteiras ou xanelas, unha en cada muro. Tamén a cuberta é de lousa, a dúas vertentes.
A única porta de acceso, no lateral sur, é tan sinxela coma fermosa, co seu arco de tradición de ferradura, típico do estilo mozárabe. O seu interior garda pinturas ó fresco de influencia astur e un banco de pedra percorre todo o perímetro da capela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.73319613314324Lonxitude: -7.324872761964798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mai 9, 2018
Os últimos traballos levados a cabo nesta capela mostran tres antigos muros e restos de cerámica. A nova é do 3 de maoi de 2018:
https://www.elprogreso.es/gl/articulo/sarria/hallados-antiguos-muros-excavaciones-capilla-cipres/201805031245571310220.html