Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: O Incio
Parroquia: Trascastro (Santalla)
Lugar: Ferreiría do Incio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Un dos lugares tradicionalmente máis populares do Incio, é A Ferrería, pobo que semella como colocado en equilibrio sobre distintos rochedos ó longo do descenso do río Antiga ou Ferreiría e que lembra dalgunha maneira ás chamadas casas colgantes de Cuenca, mais sen irmos tan lonxe no xeográfico, temos aldeas moi análogas na súa forma e estructura por todo O Courel, que son, estos pobos coas súas construccións “apoleiradas” e incluso intercomunicadas por corredores aéreos mentras que unhas estreitas rúas serven de paso para entrar ou sair do lugar.
Na parte baixa deste peculiar pobo atópase esta casa-pazo baluarte, en tempos, dun dos patrimonios señoriais máis importantes por aquelas épocas e que hoxe, pola súas posesións de casi mil hectáreas de montes, arboledas e pradeiras, é sen dúbida, o maior patrimonio privado deste concello.
A casa-pazo, a súa orixe parece remontarse a finais do século XV. De ampla fachada construída básicamente por laxas de pizarra revocadas mediante unha capa de argamasa, o que coñecemos por muros de mampostería; ten dous andares de balcóns cegos, as da parte superior enmarcados con bloques de mármore do Incio, presidida na súa parte alta por dous pequenos e sinxelos brasóns. Os escudos que hai na súa fachada dos sinxelos brasóns cuartelados en cruz sen nengún outro elemento decorativo, cuxos cuarteis son os seguintes.
O primeiro escudo: no primeiro cuartel, as catro estacas dos Valcárcel. No segundo cuartel a Cruz dos Ribadeneira. No terceiro cuartel, un león rampante entendéndose que é a divisa dos Balboa. No cuarto cuartel, flor de lis sobre ondas posiblemente son as armas dos Somoza.
No segundo escudo: nos tres cuarteis do mesmo repítense as divisas do anterior brasón, figurando no cuarto cuartel unha especie de ramallo da que polo momento descoñecemos a súa familia.
Do seu teito sobresae unha grande cheminea dos mesmos materiais.
O acceso a este pazo realizábase a través dun amplo portalón que dá a un patio do que ascende unha sinxela escalinata de pizarra ó que agora ven a ser unha terraza, entrada a un corpo máis estreito da casa, semella que de máis recente construcción co resto da edificación, deixando á dereita un patio cuberto que daba á casa de servizo.
Dedúcese por certas reformas que este edificio debeu ser obxecto dalgún tipo de añadido o ampliación, feita no mesmo cara mediados do século XIX, durante este período de tempo no que os Condes de Campomanes dedicáronno a hotel destinado a dar acollida ós que viñan eiquí coa finalidade de curarse das súas enfermidades coas propiedades medicinais das augas que brotan nas fontes de Penas Rubias e antes de construir o que para ditas épocas era un gran hotel balneario, situado a escasa distancia desta construcción pacega.
Como o mesmo nome deste fermoso lugar indica, eiquí explotouse durante séculos unha o máis ferreirías cuia forxa estaba nos terreos que hoxe ocupa o hotel balneario, deixándose de forxar ferro e facer outros traballos na mesma a mediados do século pasado para anos máis tarde no seu lugar levantar o actual edificio.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.2255.php


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está nun estado total de abandono no que se percibe o seu lamentábel estado no que está.


Onde está localizado

Latitude: 42.6380472449
Lonxitude: -7.29764699936
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84