Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Outes (San Pedro)
Lugar: Castelo, O
Outra denominación do ben: Torre do Castelo
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Baixomedieval,
Descrición:

Podemos considerar, segundo estudio de varios autores que o lugar que ocupa o Castelo de Outes sería un poboado fortificado de época castrexa que posteriormente pasou a desempeñar a función de baluarte dende o que se controlaba o val do río Tins a unha altitude de 336 m. Só unha escavación arqueolóxica podería confirmar o dato. No inventario de Mª Dolores Gil Agra figura co numero 12, e Xerardo Agrafoxo inclúeo no libro da Cultura castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota co nº 5. Xerardo di que o asentamento está nun outeiro pedregoso, formado pola acumulación de penedías graníticas que sobresaen da contorna e son moi visibles na paisaxe, pero que a carencia de defensas artificiais, difícil acceso e ausencia de vivendas ou calquera estrutura propia do habitat castrexo, farían del un xacemento dubidoso. Tamén resalta a escaseza de terras de labor nas súas proximidades. Se houbera asentamento humano este estaría na parte do poñente, con escasa posibilidade de defensa. Os veciños falan da existencia dunha muralla que cinguía o recinto e que actuaba a modo de defensa ao estar próxima do cume triangular do monte. Tampouco se descarta que despois do castro se edificara, coas pedras das casas unha torre medieval e máis tarde a fortaleza da que se teñen datos e cuxas ruínas podemos ver hoxe.
O que si sabemos polas investigacións de Xesús Antonio Gulías Lamas e o seu libro “O castelo de Outes e os monumentos medievais do Barbanza” é que foi unha fortaleza que mandara facer García Martínez de Barbeira polos anos 1474, e que máis tarde fora asediado polo Arcebispo de Santiago Alonso de Fonseca II. A información baséase na descrición documentada do Preito Tabera-Fonseca, comezado o 1526, onde son interrogados varias testemuñas sobre o estado actual das fortalezas que se deberan arranxar para volvelas ao seu estado orixinal, despois das revoltas irmandiñas e por pertencer estas a Igrexa Compostelá. Juán Tabera ao ser nomeado bispo de Compostela reclamáballe ao antigo rexedor Alonso de Fonseca II dez millóns de marabedís.
Segundo o xuízo a fortaleza: “.. estaba rodeada dunha muralla ben elaborada e había tamén outras edificacións para apousentos e outros servizos. Tiña unha torre de pedra, de dous sobrados coas paredes de dez pés de grosor e cubricións de tella. Había ademais outra torre redonda á súa beira, de pedra labrada, fabricada en granito e encintada con cal, tiña tres sobrados, cubrición de tella e ameada”.
Un dato bastante inédito neste tipo de xuízos e a declaración de Pedro Lorenzo de Sarnón que aseguraba ter visto un fantasma e que por iso non se debía volver a reconstruír. “… e porque anda en él el diablo que hespanta gentes que en él están y quieren dormir”,…”porque tanbién estando en el una noche, se le paró delante una visión grande y hespantosa y se asió con este testigo a os braços y fue para echarle a una escalera abaxo, hasta queste testigo ubo la puesrta y se fuera del”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Gil Agra, Mª Dolores. Catalogación e delimitación planimétrica dos xacementeos arqueolóxicos do concello de Outes. 1996

Mariño, Xoán. Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.

Agrafoxo Pérez, Xerardo. A cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota. Cadernos Cruceiro do Rego nº 5. Publicacións Sementeira. Noia 1991. ISBN 84-404-8580-8

Barros, Carlos. Torres, varas e demos. Os irmandiños da ría de Muros-Noia. Ed.Toxosoutos. ISBN: 978-84-92792-13-9. Ano 2009.

Gulías Lamas Xosé Antonio. O Castelo de Outes e os Monumentos de Barbanza . Serie Trivium nº 32. 2009. Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-96673-82-3

WEBS
http://castelodeoutes.blogspot.com/2008/01/i-cmo-era-o-castelo-de-outes.html
http://noyaymuros.com/turismo-rural-galicia/outes/outes-historia-castros/gmx-niv75-con51.htm
No catálogo do PXOM de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf
pax. 6


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8592306561
Lonxitude: -8.93364429474
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84