Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Castelo , (Monte San Marcos)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Altomedieval,
Descrición:

O Monte San Marcos está considerado un espazo ocupado por un castro ou outro tipo de asentamento que ocuparía un recinto de 2,7 hectáreas. Cinguido por dúas murallas, unha que chega a acadar os 2,5 metros de ancho na banda oeste, feita de pedra e cachotería, reforzando o lado de defensa menos doada. Por ese mesmo lado ten outra muralla de dimensións menores. Este asentamento, con similitudes polo tipo de lugar que ocupa, como o Castro de Beca (límite de Rois -Brión) ou Castro Valente (límite Pontecesures e a Estrada) con grandes áreas no cume dun monte, poderíamos dicir que pertence ou tivo reocupación na época tardorromana ou altomedieval.
Non está contemplado no PXOM de Ames como un área protexida onde hai un Ben arqueolóxico, nin está no libro de Xerardo Agrafoxo: ”O habitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra”, que si recolle o Castro de Castelo, na aldea do mesmo nome e que está 1,2 quilómetros en liña recta ao pé da pequena cadea de cumes que fan os Monte San Marcos e Ventosa. No asentamento había unha capela que lle da nome ao monte e da cal só quedan uns pequenos restos da súa base que se adiviñan nos rebaixes da pedra. Tanto a pedra desta capela como a do xacemento, segundo contan os residentes na zona. foron utilizadas para a capela de San Amaro de Barouta e outras construcións dos lugares cercanos.
No libro de Maximino Viaño García: ”Lembranzas: Una vida en el campo gallego” (2001) pódese ler que o culto a San Marcos nesa capela debeu desaparecer a mediados do século XIX…” e tamén asegura que “ ..o pico de San marcos revela ademais un castro sen explorar, que debeu ser un castro moi grande e amurallado. Aínda hoxe se atopan vestixios dese muro, incluso de dobre muralla polo oeste”. Este asentamento tamén foi estudado por Alvaro Rodríguez Resino na súa tese : Arqueoloxía medieval en Galicia. Fortificaciones y asentamientos en la Zona de Santiago. Nun documento do mesmo autor “ Comunidades rurales, poderes locales y señorío episcopal en la tierra de Santiago de los siglos V a IX. : una visión desde el registro arqueológico”, dinos no apartado 2.3 : “Fortificaciones altomedievales: Han sido identificadas cuatro. Castromaior, Castro da Hermita de San Marcos y Castelo de Vigo, a la que podríamos añadir O Lamascal, pese a que su cronología posiblemente supere el sigo IX. Todas ellas , salvo O Lamascal que es una mota, comparten una misma tipología, tratándose de recintos amurallados en altura, con una amplísima visibilidade de su entorno, y que basan su defensa en la altura e inaccesibilidad de su emplazamiento, siendo por tanto aquella pasiva”. Na segunda foto desta ficha Podemos ver o magnífico estado que tiña no 1956, grazas a ortofoto do voo americano do 1956, vai acompañada dun plano lidar, onde se aprecian os muros das defensas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Viaño García, Maximino. Lembranzas. Una vida en el campo gallego. tresCtres editores, Santa Comba 2001 ISBN 84-93213-60-8

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA001.jpg
(mapa de Situación, non está marcado con nome, está ao norte do Castro de Castelo ou Ventosa).

http://www.aranzadi-zientziak.org/fileadmin/docs/Munibe/2008219245AA.pdf
(pax 228, 229)

Sánchez Pardo, José C., Galbán Malagón, Carlos J. “ Fortificaciones de altura en el entorno de Santiago de Compostela. Hacia un primer análisis arqueológico comparativo”
http://nailos.org/wp-content/uploads/2015/02/Nailos_2_art4.pdf

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/03/20/republica-de-homes-libres-o-castelo-de-san-marcos-os-refuxios-e-os-acochos/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9080500557
Lonxitude: -8.63697052002
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84