Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Outes
Parroquia: Roo (San Xoán)
Lugar: Brión de Arriba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro aséntase nas últimas ladeiras orientais do Monte Tremuzo que dende unha altura de 520 m. descende bruscamente cara a Ría de Muros-Noia. As terras forman pequenas lombas a medida que se aproximan á costa e a suavidade do terreo permite o emprazamento humano. Nunha destas lombas atópase o castro de Brión, a 1000 metros da costa actual, nun val que domina a enseada de Lancaño, que forma o río Tins en Serra de Outes. O seu perfil destaca de forma apreciable sobre as terras do entorno que son máis chans, elevándose uns 60 m. sobre o nivel do mar. Ten forma ovalada e mide 135 m. o seu diámetro maior e 100 m. o diámetro menor. Presenta tres plataformas superpostas. Todas rodeadas de parapetos para reforzar a súa defensa, dada a débil condición natural dun terreo pouco elevado. Pola parte oeste, que dá a aldea ten un acceso e vese unha explanada circular típica de un antecastro. Apareceron resto de cerámica, aínda que carecen de decoración xeométrica incisa. Só foi alterado na parte noroeste para facer casas e labores agrícolas pero o resto amosa un estado aceptable.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15062008
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mariño Xoán, Patrimonio-Histórico Artístico de Outes, Volume I, Tórculo Edicións Santiago 1999. Concello de Outes, ISBN: 84-8408-085.
Agrafoxo Pérez, Xerardo. A cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Canota. Cadernos Cruceiro do Rego nº5. Publicacións Sementeira . Noia 1991. ISBN 84-404-8580-8

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA003.pdf
pax 2


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8324854731
Lonxitude: -8.9194393158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84