Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: A Costa, no monte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No antigo camiño que sube desde O Moredo cara a Santa Mariña de Augas Santas, entre un mato de acacias, atópase esta santa, enriba dun penedo. Foi encargada polo cura de San Vicente Antonio Cid, no ano 1790, segundo reza nunha inscrición gravada que di “Se hizo esta + santa imagen siendo cura don Antonio Cid ano de 1790”. Trátase posiblemente da cristianización dun lugar de culto céltico-druídico anterior.

O penedo ten erosionada, de forma natural, unha curiosa forma que semella un oído, dentro da cal pódese ver auga. Ao parecer, esta nunca seca, algo moi estraño, pois a auga, á que se lle atribúen propiedades sandadoras, non nace no penedo, ao ser este unha peza solta.

Relacionase este lugar co asento de Santa Mariña cando coidaba o gando.

A esta santa fánselle multitude de ofrendas, polas xentes, mantendo a tradición dende antergo.
Podemos ver velas acendidas, rosarios …

A imaxe posúe unha decoración moi colorida, semellando máis unha imaxe de latinoamerica que da nosa cultura.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Entre as xentes da zona circula unha lenda, da que se asegura a súa veracidade. Ao parecer, a un veciño ocorréuselle baixar a imaxe do monte, para tela mais preto da casa. Cargouna nun carro de vacas enriba dunhas gavelas de estrume e dispúxose a baixar. Chegou un momento en que as vacas non quixeron seguir, e vendo que non o conseguía, agarrouna e baixouna el mesmo. Pero foi o peor que puido facer, pois desde aquel dia empezou a ter problemas, púxose enfermo, e incluso sufriu unha praga de piollos. Isto fixo recapacitar o veciño, que implorou o seu perdón, prometendo volver a imaxe a súa anterior posición, logrando afastar os males que o perseguían.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2443711941
Lonxitude: -7.77601897716
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84