Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Maceda
Parroquia: Santiso (Santa María)
Lugar: Calveliño do Monte - Fonte Lameira
Outra denominación do ben: Muíño
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de canle con rodicio horizontal. É unha edificación de planta rectangular levantada sobre un terreo algo inclinado por onde antigamente pasaba un regato, hoxe desviado para usarse como auga de rego. Consérvase relativamente ben a estrutura exterior. Os muros están feitos principalmente de cachotaría de esquistos e granito, aínda que as partes máis importantes da estrutura, como as lumieiras e as esquinas, están feitas de perpiaño. A cuberta foi de dúas augas con tella curva, pero hoxe está totalmente derruída. O tremiñado (planta superior) atópase en moi mal estado. Practicamente a totalidade das tellas e as trabes da cuberta están no seu interior, quedando exposto á intemperie. Dentro consérvanse aínda a capa e o pé da moa, cubertas de musgo. O inferno (planta inferior) atópase cheo de sedimento e maleza, polo que non se puido observar se conservaban restos do rodicio. O eixe (tronco de madeira que transmitía o movemento do rodicio á moa) consérvase en mal estado.

Este muíño, como adoita ser típico na zona, é de propiedade privada, ao contrario que ocorría cos fornos, que eran comunais (excepto para quen tiña forno na casa). Era e segue sendo o único muíño da aldea, polo que a familia propietaria quedábase cunha porcentaxe da fariña (a maquía) a cambio de usalo.

O muíño sitúase ao pé da pista que dá acceso á aldea de Calveliño do Monte. A zona na que se atopa é coñecida como Fonte Lameira, por estar en fronte da fonte de manancial que leva o mesmo nome, na outra beira da pista.

Grado de protección no catálogo do PXOM do concello de Maceda: integral.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Catálogo do PXOM do Concello de Maceda, ficha nº 7.2, Ref. M-1
(http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MACEDA/documents/0449CA003.pdf p. 7)

Outra documentación:
Memoria oral de veciños de Santirso (aldea próxima)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de conservación deste muíño é moi malo, está en estado de completo abandono, con grandes perdas e risco de derrubo.


Onde está localizado

Latitude: 42.2452142406842
Lonxitude: -7.5517648458480835
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84