Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros
Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)
Lugar: Bornalle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

En Bornalle hai un bo exemplo dun campo de hórreos. Hai construídos 22 elementos e varían un pouco na tipoloxía. O modelo que sobresae e o hórreo feito de pedra e elevado sobre seis esteos individuais con tornarratos e servindo de apoio aos linteis que soportan a cámara. Perpiaños con abertura en horizontal, cuberta a dúas augas e tella do país. Semellante acabado no penal que no resto da cámara. No cume das sobrepenas do pinche do tellado, algúns teñen adornos, pero a maioría vai sen el. Esta maneira de construír pódese chamar “tipo Noia” e esténdese de Noia a Corcubión.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA020.pdf
(paxina 2 de 16)
Brigantium. Boletín Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Vol I, 1980, : UN EXEMPLO DE AGRUPACION DE HORREOS: BORNALLE-ABELLEIRA, CORUÑA-, por Begoña Bas López, p.195


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8017968527
Lonxitude: -9.01433050632
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84