
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: O Incio
Parroquia: Trascastro (Santalla)
Lugar: A Ferrería
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Ferrería do Incio é coñecida polo seu antigo balneario de augas ferruxinosas, construído en época romana. Estas augas nacen ó pé dun monte onde se atopan unhas antigas minas de ferro. A freguesía, que destaca pola frondosidade dos seus bosques e as cores da paisaxe, pertence ó arciprestado do Incio. Unha das construcións arquitectónicas de interese, neste lugar, é o hotel-balneario, de augas ferruxinosas, bicarbonatadas e arsénicas, boas para a anemia e os trastornos psicolóxicos como o estres. Este centro, de propiedade privada, foi creado no 1884 aproveitando as fontes de augas curativas. Foi o Conde de Campomanes quen doou estas terras e o que transformou o seu pazo en pousada nese ano.
A 1.500 metros do balneario sitúase a fonte, na que se pode tomar as súas augas e contemplar a labra en pedra que se atopa resgardada nunha pequena construción.
As obras de reconstrución do antigo hotel atópanse paralizadas dende o 2005. Os motivos económicos, unha mala xestión e administración, poidan que sexan a causa que lle está restando progreso a esta zona e o seu fermoso entorno, exemplo actual da arquitectura típica das aldeas do Courel.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OINCIO/documents/25758CA021.pdf
pax 4
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6342310361Lonxitude: -7.3072707653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84