Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Casco Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Casa de Pereira de Castro presenta dúas fachadas enmarcadas por pilastras angulares que sosteñen un falso entablamento de molduras de cantería sobre o que se asenta a cornixa. Adoptan un tratamento peculiar do barroco que combina a cantería coa cachotería enfuscada de branco, co que se realzan os elementos singulares da composición. A fachada da praza concentra o principal da ornamentación, co emprego de frontóns mixtilíneos nos vans superiores e decoración de placas baixo os balcóns. A fachada da rúa Triunfo, máis austera na ornamentación, incorpora unha serie de escudos relacionados cos promotores da obra. En febreiro de 1946 foi declarada monumento histórico artístico, xunto con outros elementos da praza e da cidade histórica de Vigo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://pdf.depontevedra.es/ga/103/JskhkanEPL.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.23876477851983
Lonxitude: -8.726223707199097
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84