Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Casco Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A Igrexa Colexiata de Santa María é un dos exemplos de neoclasicismo en Galicia. Ocupa o espazo do adro e da antiga igrexa románica, reconstruída en estilo gótico a finais do século XIV. Foi proxectada por Melchor de Prado Mariño e abriuse ao culto en 1836, cando aínda faltaban por construír as torres.

A fachada principal adopta unha sobria linguaxe clasicista que contrasta co carácter máis libre das torres, de deseño máis ecléctico. O corpo central remata nunha ampla cornixa adornada con mútulas e perfís rectos, coroado o conxunto por un frontón triangular. Os corpos laterais están coroados por dúas torres xemelgas, máis barrocas ca o resto da edificación.

O interior, tamén neoclásico, conta dende a segunda metade de 1960 cuns mosaicos, obra de Santiago Padrós Elías. A planta é basilical de tres naves. A nave central é máis alta cas laterais, estas últimas máis estreitas e con menos luz. A separación entre as naves realízase a través de doce columnas dóricas co seu correspondente entaboamento con triglifos e metopas.

Cabe destacar o reloxo de sol, situado na fachada do lado dereito e colocado en 1837, obra do escultor Juan Agustín Domínguez. Este non está orientado cara ao sur como é o habitual, o cal fai que sexa singular. Este tipo de reloxos reciben o nome de declinantes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.atlantico.net/articulo/vigo/tesoro-vuelve-vigo/20170204011236571101.html

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/03/14/reproduccion-ultimo-vestigio-antigua-colegiata/1640628.html

http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/galicia/2017-03-13-85811-reproduccion-ultimo-vestigio-antigua-colegiata-pone-rumbo-vigo.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.239285049
Lonxitude: -8.72605741024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84