Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande, Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Casco Vello
Outra denominación do ben: Casa Torre de Ceta e Arines
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

É o edificio máis antigo e notable da cidade de Vigo. Está conformada por dous inmobles: un sobrio torreón do gótico tardío do século XV e un elegante palacete de estilo plateresco do século XVI. Este último recibe nas xambas e lintel do van central da terceira planta a característica ornamentación plateresca. A cada lado dese van sitúase un medallón renacentista. Destaca tamén a balconada desta planta e os arcos conopiais da segunda. O edificio está coroado cun recolle-augas e con gárgolas de pedra. Aparecen tamén dous escudos, un deles coas armas pertencentes á familia Ceta e outro no que aparecen dous leóns.

Dende o ano 1946 o conxunto é Monumento Histórico Artístico.

O conxunto foi rehabilitado e na actualidade acolle o Instituto Camôes.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Nun dos muros podemos ver varios escudos coas armas do Pazos e Figueroa.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://proxectoarga.com/Architecture/Building/51
https://www.lookingformaps.com/lugar.php?mapa=Ruta-4-Vigo-Ayer-y-Hoy&lugar=01.b+-+Casa+de+Arines+y+Casa+de+Pazos+y+Figueroa&index=2

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
Rodríguez Fernández-Broullón, Rafael: “El linaje de los Arines en Vigo y el Val Miñor: Genealogía y heráldica familiar”, 2004.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.239094416
Lonxitude: -8.72671723366
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84