
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Igrexa de Santiago de Vigo, que substituíu á ruinosa parroquial das proximidades da rúa Padre Don Rúa, amosa un ríxido historicismo neogótico resultado das penurias económicas da obra.
Foi deseñada por Manuel Felipe Quintana Ochaita cara a 1890, se ben o arquitecto non asina o proxecto ata 1896, ano no que é necesario recorrer á axuda estatal para continuar as obras iniciadas en 1891. Quintana modifica o proxecto en 1902, acurta as torres e varía a fachada principal, co que o templo perdeu verticalidade do gótico e adquiriu unha maior severidade.
No interior permaneceu a disposición de tres naves sen cruceiro, cubertas con bóveda de crucería e unha ábsida poligonal.
A nave central amosa unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de tracería con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave.
A cabeceira presenta unha ábsida poligonal enmarcada nun rectángulo no que se sitúan as sacristías. Tres grandes fiestras oxivais son as que iluminan a ábsida, que cortan o muro verticalmente. Nos pés da igrexa, sobre o pórtico de acceso, sitúase un coro alto.
As obras continuáronse en 1904, consagrándose o 10 de agosto de 1907.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23677500227Lonxitude: -8.7179946899414
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84