
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Rúa García Barbón, 29
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O inmoble foi proxectado como comercio dedicado á venda de coches, aínda que pareza unha edificación institucional ou un elegante edificio de vivendas, polo seu carácter suntuoso, riqueza decorativa e calidade do tratamento da fachada en granito branco de Castrelos. Exhibe un monumentalizado eclecticismo con certas connotacións neobarrocas, como reflicte a balaustrada da planta superior. A composición adopta un esquema clasicista, alterado nas súas proporcións pola elevación do baixo e da entreplanta debido á necesidade de grandes escaparates.
A súa construcción foi coidada. O novo Garaje Americano -posto que xa existía dende os anos vinte- contaba con potente montacargas.
Na rehabilitación recente respectouse a fachada primitiva que se conserva sen alteracións e incluso se destacou e potenciou.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.23666379535839Lonxitude: -8.716508746147156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84