Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Ames
Parroquia: Ortoño (San Xoán)
Lugar: Cortes, As
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O lavadoiro recentemente restaurado está ao lado da estrada que vai de Bertamiráns a Milladoiro e aproveita a auga do rego de Esparille. Ten un recinto cuadrangular afundido no terreo feito con catro muros e ao cal están acaroadas dúas follas para realizar as labores de lavado da roupa. O teito está composto por un armazón de vigas de madeira aseguradas con pezas de ferro nos puntos máis febles e cuberto con tellas do país. Soportan o conxunto catro columnas de pedra con adornos de rebaixe nas esquinas e con basamento e capitel cadrados. Ao seu carón ten unha fonte, independente da que fornece de auga o lavadoiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMES/documents/0023CA020.pdf (páxina 1)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8440974512656
Lonxitude: -8.641594648361206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84