Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Gran hórreo de cantería construído en 1722 por “Avión”, mestre canteiro de Louro. A data de construción, aparece nunha das caras internas da construción.
Esta data de construción é a mesma que a da veciña igrexa de Louro, de feito, naqueles momentos o propietario da cabaceira era o párroco de Louro.
Para a súa construción foi preciso ir buscar as pedras ao monte Naraio, sendo traballadas dentro da mesma finca onde se atopa. A cabaceira componse de oito pares de pés que o sosteñen e converten nun dos exemplares máis grandes de Louro. O teito, a dúas augas con cuberta de tella, foi cambiado por outro feito de lousas de pedra que impedirían a entrada de ladróns. O conxunto, nun principio, carecía de cumios, mais actualmente estánselle engadindo uns de nova construción.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7663246466
Lonxitude: -9.09034377333
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84