Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...), Vivenda singular,
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: Vigo Centro
Lugar: Náutico
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificio emblemático da expresión do racionalismo na cidade que foi construído no lugar no que se atopaba a estación marítima do porto de Vigo. Tamén é mostra significativa da importante contribución de Francisco Castro Represas (1905-1997) e Oedro Alonso Pérez á renovación da arquitectura viguesa. Neste caso logra levar a cabo o proxecto en plena autarquía, cando as formas racionalistas eran repudiadas. O deseño incorpora as formas dinámicas de barcos tan queridas do primeiro racionalismo, como en 1929 fixeran Aizpurúa e Labayen no Náutico de San Sebastián.
A edificación (a primeira na cidade de Vigo levantada sobre pilotes) foi inaugurada o 4 de agosto de 1945.
Nos anos 50 sufríu un dos seus primeiros cambios cando se amplía o almacén para os remeiros. Na fachada sur, que mira á cidade, perdeu parte da imaxe dinámica de inspiración mariña ao engadirse unha planta sobre a terraza primitiva, obra realizada nos anos 700. Tamén o lateral leste está alterado ao situarse ao seu carón unha discordante construción.
No ano 2008 se pedíu a súa protección especial (BIC) polo seu valor artístico e histórico. A día de hoxe (Maio de 2015) aínda non se lle otorgou.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://arquitecturavigo.blogspot.com/2007/07/edificio-real-club-natico.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2012/03/21/fallo-estructural-desploma-cupula-real-club-nautico/634217.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/05/04/sede-nautico-joya-racionalismo-cumple/1232858.html
BIBLIOGRAFÍA
BALDELLOU, Miguel Ángel. Hacia una arquitectura racional española. “Arquitectura española del siglo XX”. Ed. Espasa-Calpe. Madrid. 1995
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2411635471Lonxitude: -8.72472167015
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
franjopadin says:
Abr 6, 2012
O Clube Náutico de Vigo é un edificio catalogado no Plan Xeral de Ordenación de Vigo (Ficha A058)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIGO/documents/26620ca007.pdf
Johnc833 says:
Xul 18, 2014
Howdy! This article could not be written any better! Looking at this post reminds me of my previous roommate! He constantly kept preaching about this. I’ll send this information to him. Fairly certain he’s going to have a good read. Thanks for sharing! egaeedadekgg