Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Pontevedra (comarca) / Vilaboa
Parroquia: Cobres (Santo Adrán)
Lugar: Uveiras
Outra denominación do ben: O Castillo
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situado no cume dun monte, coñecido como “Castillo”, o castelo de Uveiras é de estilo medieval, situando a data da súa construción nos séculos XIV e XV. Atópase nunha plataforma situada a uns 100 m por riba do nivel do mar. Consérvase o basamento e o arranque dos muros da fortaleza. O muro conserva unha altura máxima de uns 5 m. e anchura máxima de 1,5 m. Non ten forma determinada, adaptándose nalgunhas partes á topografía do terreo. Ten esquinas en ángulo e na cara Nordés conforma un pequeno bastión. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao Leste e o Sur, sendo esta máis suave polo Oeste e o Norte.
Na zona localizáronse cerámica romana e restos de ánforas.
Derrubado, con toda probabilidade, durante a revolución dos irmandiños, aínda que tamén se recolle que foi destruído pola armada anglo-holandesa na batalla de Rande do 1702.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: RI.000038687
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na actualidade no outeiro no que se sitúan os restos atópase completamente pechada e acosada por innumerables construcións do patrón “chalé”.


Onde está localizado

Latitude: 42.3050944232
Lonxitude: -8.66152882576
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84