Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Gomesende
Parroquia: Poulo
Lugar: Coto do Dorno
Outra denominación do ben: Pía da Moura
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Pía escavada na pedra e coñecida popularmente como “tumba celta “, dado o seu parecido con sartegos suevos ou altomedievais, que gardan certa semellanza con este tipo de construcións feitas na rocha. A pía presenta unha canle no lado dereito relacionado como noutras existentes en lugares de Galicia, con rituais relixiosos, de carácter máxico ou de ofrenda a forzas da natureza. Nos bordes da pía pódese apreciar un rebaixe correspondente con marcas relacionadas coas cerimonias para o que eran usadas. Non se descarta que a través dos tempos estás pías acolleran diferentes usos como aprovisionamento de auga ou de tipo relixioso curativo en rituais xa cristianizados
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Conta a lenda que aquí estaba enterrada unha princesa/moura.
Nas proximidades existe un lugar do que se extraeron pedras para contruir un muíño no pobo de Cerdal. Dese monte comezaron a saír pedras labradas, marcos de portas, incluso algún recipiente de cerámica. A dona do terreo decidiu prohibir a extracción de pedras por medo a atopar a “trabe de alquitrán” lenda moi extendida na zona…
Tradición oral:
Conta a lenda que aquí estaba enterrada unha princesa/moura. Nas proximidades existe un lugar do que se extraeron pedras
para contruír un muíño no pobo de Cerdal. Dese monte
comezaron a saír pedras labradas, marcos de portas, incluso
algún recipiente de cerámica. A dona do terreo decidiu prohibir
a extracción de pedras por medo a atopar a "trabe de alquitrán"
lenda moi extendida na zona...
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O monte sufriu unha vaga de incendios no pasado pero non sei ubicar a data deses acontecementos.
Onde está localizado
Latitude: 42.186811466173936Lonxitude: -8.0859375
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Edesio says:
Feb 7, 2021
Comentaban os antepasados que existe Unha calzada todo a volta dese coto, a cal ainda se distingue Unha parte na zona Esquerda da subida cara a pia