Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Santa María de Pastoriza
Lugar: Pastoriza, Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular con tres chanzos e sen pedestal. O varal é cadrangular con paramentos recadrados e no pedestal é cadrangular recadrado. O capitel é cadrangular con cuarto bocel na que leva unha cruz rectangular con remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas, cabeza ergueita sen coroa e cunha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza fica anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Piedade. A cruz no seu conxunto presenta unha rotura pola metade entre anverso e reverso. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro presenta rotura na cruz correndo risco de que vaia a máis e veña abaixo.


Onde está localizado

Latitude: 43.335163254905744
Lonxitude: -8.467546105384826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84