Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Brión
Parroquia: Ons (Santa María)
Lugar: Salaño Pequeno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O hórreo consta de nove vans e dez cepas de perpiaño que soportan o peso da cámara. Corresponde ao tipo amaián, é unha construción mixta de pedra e madeira feita enriba dun muro de cachotería. Os tornarratos están formando parte das sobrepenas das cepas, onde están apoiados os linteis. Oito esteos ou columnas de pedra verticais, por cada lado da cámara, facían de asento ao tellado a dúas augas con tella do país, pero a día de hoxe están caídos parte deles, pois parte do hórreo está en ruinas. As faixas e doelas que conforman os claros da cámara son de madeira e deixan pequenos ocos para ventilación. Nun dos penais hai una porta e o outro é cego, amosando muro de perpiaño. Remata o cume dos penais nun pináculo nun extremo do hórreo, pois no outro está desaparecido.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.891692785694026
Lonxitude: -8.747356832027435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84