Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Cortegada
Parroquia: Cortegada (Santa María)
Lugar: Cortegada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
As augas termais de Cortegada xa eran coñecidas en época romana e foron aproveitadas durante moito tempo. A primeira referencia histórica que se ten das mesmas e do ano 1497 nun aforamento do mosteiro de Celanova. Despois volven a aparecer referenciadas no ano 1764, máis non serán utilizadas ata o ano 1847.
A súa sona foi tal que se precisou facer unhas casetas de madeira na temporada de baños, entre xuño e setembro, e traer un médico que vixiase a calidade e propiedades das augas. Nunha tempada podían contar con 1000-1200 visitas. A primeira familia que se encargou do mantemento do balneario foi a familia Carpinteiro ata o ano 1930, a partir de entón cambiou á familia Alvarez, coñecidos como “os tortugas”, quen impulsaron a construcion do edificio modernista que hoxe se pode visitar. A partir de entón a sona do balneario e da vila de Cortegada estendeuse moitísimo, e mesmo chegou a cambiar o seu nome polo de “Cortegada de Baños” debido a sona das súas augas.
O encargado do proxecto foi o arquitecto Don Xosé Lago Loureiro. Comezouse no ano 1934 e as obras duraron tres anos. O edificio ten planta rectangular, e está concebido como un amplo mirador sobre o río Miño, ao que se abren dúas grandes terrazas a cada lado. No centro, un vestíbulo acolle unha graciosa escaleira que permite o acceso á azotea, hoxe utilizada como bar. No momento en que se concebiu o edificio, o nivel do río era moito máis baixo, pero tras a construcción do encoro de Frieira o nível do río chega ata os mesmos pés do balneario.
As augas son ricas en xofre e ferro e alcanzan unha temperatura de 38 grados, sendo recomendables para enfermidades respiratorias, da pel, gastrointestinais, hepáticas e urinarias.
Actualmente o edificio está rehabilitado e conta con tódalas comodidades dos actuais balnearios, aínda que só abre na tempada estival.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Historia Universal de las fuentes minerales de España
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.200944327703404Lonxitude: -8.174713253974915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
melarins says:
Out 18, 2012
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORTEGADA/documents/27627ca006.pdf
Oscar Franco says:
Abr 5, 2017
Turismo destinará 50.000 euros para acondicionar e por en valor o antigo balneario de Cortegada. A nova é do 28 de marzo de 2017:
http://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/turismo-destinara-50000-euros-acondicionar-antiguo-balneario-cortegada/20170328162211697022.html