Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Aranga
Parroquia: Aranga (San Paio)
Lugar: Ponte Aranga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Trátase dun cruceiro de crucifixo situado no adro da igrexa parroquial de San Paio de Aranga. Ten unha plataforma cadrada de tres chanzos e un pedestal de perfil mixtilíneo que remata con roda lisa. O varal ten sección octogonal, con paramentos recadrados na base. O capitel está decorado con cabezas de anxos e voltulas. É cilíndrico, con ástrágalo circular liso. A cruz ten os brazos con sección cadrangular, achafranados e con remates florenzados. No anverso leva o Cristo crucificado con tres cravos, ca cabeza inclinada á dereita, leva coroa de espiñas, as mans están abertas, o pano de pureza non ten nós. Na superior hai un pergamiño ca inscripción INRI. No reverso está representada a Virxe en aptitude orente con dedos entrelazados. Leva un longo manto e apoia sobre peaña de querubíns.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARANGA/documents/0025CA001.pdf (páx. 2)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf (páx. 3)
http://aranga.es/pxom/801_DPP_MEMORIAS/801_DPP_06_PATRIMONIO_01_12.pdf (páx. 31)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.23506557962926Lonxitude: -8.017712831497192
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 20, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150030104.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. (1996). Los cruceros de la comarca de Betanzos (II). Anuario Brigantino, (19)