Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Silleda
Parroquia: Abades (Santa María)
Lugar: Abades
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A mámoa, parcialmente destruída por unha pista forestal e polos traballos agrícolas na zona, estaba delimitada por unha gabia exterior e un anel de pedras, que rodean un túmulo de terra. No centro, áchase unha cámara funeraria formada por cinco ortostatos delimitando un espazo aberto cara o leste, e de escasa altura, dándolle o aspecto dunha cista. Outro esteo, xunto con outras pedras máis pequenas parecen delimitar unha entrada.
A mámoa foi afectada pola construción do AVE entre Santiago e Ourense, por situarse no seu trazado. Por este motivo foi completamente escavada, coa sorpresa de atopar a cámara funeraria prácticamente intacta, con un interesante enxoval funerario no que destacan varias ferramentas de pedra pulida e un colar de doas de ámbar e variscita.
Tras a construción do razado do AVE, soterrado, a anta foi reconstruída no lugar orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

DOMÍNGUEZ-BELLA, Salvador e BÓVEDA, María José. “Variscita y ámbar en el Neolítico gallego. Análisis arqueométrico del collar del túmulo 1 de Chousa Nova, Silleda (Pontevedra, España)”. Trabajos de Prehistoria 68, N.º 2, Xullo-Decembro 2011, pp. 369-380, ISSN: 0082-5638
http://tp.revistas.csic.es/index.php/tp/article/view/477/493

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20664
http://www.santiagoturismo.com/monumentos/mamoa-da-chousa-nova

http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/infografico_chousa_nova.pdf

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2012/03/28/os-segredos-dun-dolmen-intacto/

http://www.turismosilleda.es/historia_prehis.php#


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7567338568
Lonxitude: -8.29255342484
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84