Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Toques
Parroquia: Santa María de A Capela
Lugar: Mourelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Idade do Ferro,
Descrición:

É un dos castros máis antigos que se coñecen, a súa ocupacón tivo lugar dende fináis da idade do bronce ata a época romana (séculos VIII a.C-II d.C.).

O Castro da Graña foi catalogado en 1933 polo Seminario de Estudios Galegos, e escavado entre os anos 1987 e 1993 a través dun convenio de Colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Lodz (Polonia) e o Museo Terra de Melide. A dirección da escavación corrspondeu a Fernando Acuña Castroviejo, Gonzalo Mejide Cameselle, Jerry Kmiecinski, Tadeusz Crabarczyk e Jacek Blaszczyk. Dende entón non se coñece de máis escavacións no castro.

O castro posúe un único recinto defendido por unha muralla de pedra, con entrada monumental, a través dunha rampa. No interior son visibeis varias construccións de pranta rectangular, con cantos redondeados, que pertencen á derradeira época de ocupación do castro, a partir do século I d.C. Porén, nas escavacións apareceron restos de fondos de cabana que dan testemuño doutras ocupacións do recinto, cara o século VIII-VII a.C., e o século IV-III a.C.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15083050
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Os achados realizados no castro consérvanse no Museo da Terra de Melide.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MEIJIDE CAMESELLE, Gonzalo. “Tres dataciones de C-14 del Castro de A Graña (Toques, A Coruña) y su contexto arqueológico”, Gallaecia, nº 12, pp. 111-134. Compostela, 1990.

http://www.mtmelide.es/

As fusaiolas do castro da Graña (Toques, A Coruña). Unha analise descriptiva
http://bddoc.csic.es:8080/detalles.html?tabla=docu&bd=ARQUEOL&id=374709


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Cuberto de broza.


Onde está localizado

Latitude: 42.97196097422177
Lonxitude: -7.972769737243652
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84