Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribeira
Parroquia: Carreira (San Paio)
Lugar: Frións - Sampaio
Outra denominación do ben: Igrexa de Sampaio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Construída durante os anos 1712 e 1717 sendo cura párroco D. Juan de Helguero, a igrexa parroquial de Sampaio custou 36.378 Reales de Vellón daquela. É un templo con mixturas de estilo neoclásico e barroco, con planta de cruz latina. Edificouse enriba da anterior igrexa máis pequena de estilo románico que había no soar, para poder dar acollida á crecente poboación da parroquia. Asemade, é a única igrexa do Concello que está perfectamente orientada ó oeste.
O deseño da fachada principal é moi sinxelo, onde se sitúa unha porta principal sen adobíos e enriba desta unha pequena ventá. Entre estes dous elementos colocouse recentemente unha pequena figura de pedra do patrón, San Paio. A igrexa está rematada por unha pequena cornixa a dúas augas, que se ve interrompida na parte noroeste pola torre do campanario. Como dato anecdótico, hai que dicir que no ano 1818, un lóstrego destruíu a citada torre. Estando a piques de ser reconstruída, un canteiro que estaba traballando no pinche da mesma, caeu ó chan dende esa altura, morrendo no acto. Non se colocou o devandito remate ata o ano 1998 no que se arranxou todo o tellado ó completo, grazas á iniciativa do entón cura D. Alejandro Bello e máis dos fregueses.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Historia de Carreira – Javier Crugeiras (2007)
http://carreira.info/galego/templo_sampaio.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.54901385241775Lonxitude: -9.00628387928009
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Xul 22, 2014
Aporto dous pequenos datos:
* Un incendio a comezos do s. XX queimou o primitivo retablo maior barroco.
* No seu interior se conserva unha imaxe da Dolorosa de mediados do século XIX obra de José Ferreiro.
Oscar Franco says:
Xul 22, 2014
Aporto a seguinte referencia bibliográfica:
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.