Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Foz
Parroquia: Fazouro
Lugar: Punta do Castro
Outra denominación do ben: Foz
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Trátase dun promontorio adentrado no mar e rodeado de cantís, situado a 4 kilómetros do termo municipal de Foz, na parroquia de Fazouro, lugar de Punta do Castro e preto do río Ouro. Ao seu lado Oeste sitúase a praia de Arealonga e ao Leste os cantís e a pequena enseada.

O castro presenta unha forma pentagonal, de arredor de 7.000 m2 aínda que investigadores máis recentes afirman que puido ter unha extensión maior, sobre todo na zona que toca co mar, falando de uns 25 ou 30 metros máis de extensión cara a costa.

Ao igual que os demais castros costeiros que proliferan ao longo do litoral, o castro de Fazouro válese por unha banda, da defensa natural que lle proporciona o cantil e por outra, dun enorme foxo que atravesa o istmo que o separa do resto do territorio.

O relevo amosa un aspecto ondulado, con protuberancias que os primeiros investigadores identifican como ruínas das edificacións. Investigacións máis recentes revelan que existían dúas liñas de parapeto no interior, aínda que moi alteradas polas labores agrícolas.

Ten polo menos dous momentos de ocupación, aínda que so se conservan as construcións de época romana. Esta ocupación esténdese, segundo os datos que dan os materiais atopados, dende o século I a. C. ata o século III d. C.

O conxunto de vivendas escavadas ofrece variantes moi interesantes. A maioría das construcións que están á vista, son de planta cadrada, ou de planta cadrada con esquinas redondeadas, agás a número 6, de planta elíptica e con un elemento curioso como é o banco corrido, adosado ao muro interior da vivenda. Este elemento aparece tamén na vivenda número 1, que ten ademais unhas escaleiras exteriores que rematan nunha pequena plataforma e que, xunto a presenza de buracos para soster as bases, ofrecen os vestixios da presenza dun segundo piso. Aínda que esta teoría non é compartida por todos os autores.

Atopáronse tamén restos de chan enlousado tanto dentro como fóra das construcións e no interior dunha delas, restos de estuco con pintura vermella.

Entre os materiais recollidos atópanse muiños de man romanos, laxes de pizarra perforadas, pesos de rede, laxes de xisto. Tamén restos de cerámica negra de decoración espatulada, e terra sigillata. Entre os metáis atopados destaca unha fíbula de bronce que apareceu en varios fragmentos, unha punta de frecha tamén de bronce e restos de escoura de ferro. Tamén é interesante a aparición dunha moeda do século I a. C. da ceca de Clunia. Trátase, segundo os expertos un ás de Tiberio.

As intervencións neste castro remóntanse ao ano 1963, no que Alonso del Real e Chamoso Lamas escavaron nun nos vértices e deixaron á vista as construcións 1 e 2. Nas segundas campañas, no 1965, continúan cara o sur e deixan ao descuberto o resto de construcións que coñecemos hoxe en día. Anos despois, lévase a cabo a terceira campaña de limpeza e consolidación do escavado nos anos 60 e no ano 92 faise cargo o Concello e instalase o muro de contención que intenta protexer o castro da erosión mariña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

CHAMOSO LAMAS, M., Excavaciones Arqueológicas en el Castro de Fazouro, en Noticiario Arqueológico Hispánico. Cuad. 1-3. Páginas 110-115. Año 1963.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, F., DEL REAL A., Castro de Fazouro, en Noticiario Arqueológico Hispánico. Cuad 1-3. Páginas 156-157. 1965.

SUÁREZ ACEBEDO, J. : “Noticia sobre el Castro de Fazouro en el Municipio de Foz (Lugo)” en Archivo Español de Arqueología. Instituto Español de Arqueología. CSIC. Volumen XXVI. Num 107-108. 1963. Páginas 162-165.

CARNERO REY, J. A.: “O Castro de Fazouro, Foz (Lugo)”, en O Patrimonio e a Cultura Proxectual, un diálogo necesario. Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo.

HERVES RAIGOSO, F. M., BUCETA BRUNETI G., “Limpeza, acondicionamento e consolidación do Castro de Fazouro, Foz, (Lugo”, en Anuario de Actuacións Arqueolóxicas. Ano 2006. Xunta de Galicia.

ARIAS VILAS, F. , Castros Lucenses de Época Romana. Museo Castro de Viladonga (Lugo).

BARBI ALONSO, V. e CARRERA RAMÍREZ, F. (1993), “Síntesis de las Actuaciones en el castro de Fazouro. Modelos de intervención patrimonial”, en Primeiras Xornadas Históricas e Arqueolóxicas da Mariña Lucensa, VVAA. Foz. 1993. Páxinas 24-32.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Sí, non está suficientemente protexido contra a erosión mariña.
Afectado por unha vivenda que se atopa dentro do contorno do castro e unha construción recente no medio do foxo.


Onde está localizado

Latitude: 43.60376465190968
Lonxitude: -7.2988057136535645
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84