Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Figueroa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo Crucifixo situado sobre unha ménsula na fachada dunha casa. A cruz é cadrangular cos brazos achafranados e con remates florenzados. Polo anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita e encima da súa cabeza na cruz, hai unha inscrición coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á esquerda. Polo reverso da cruz está a Piedade. O cruceiro é de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– GARCIA QUINTANS, M.: “El ayuntamiento de Dumbría, Historia, tradiciones y costumbres”, Deputación provincial da Coruña, 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.97400485889078
Lonxitude: -9.123550057411193
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84