Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Dumbría
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: Cementerio de Buxantes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cadrangular de tres chanzos e pedestal cadrangular achafranado. O varal é no primeiro terzo cadrangular e despois octogonal ata o capitel que é troncopiramidal invertido con astrágalo octogonal, follas e ábaco de lados curvos cos vértices achafranados. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e coas mans pechadas, inclina a cabeza cara adiante sen coroa de espiñas e co pano de pureza anoado cara á dereita. Polo reverso fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas no peito. O cruceiro é todo de granito cun moi bó estado de conservación e datado de xuño do 2001.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9747584439929Lonxitude: -9.117118120193481
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84